Azul metálico, o antigo edificio da Xunta en Benito Corbal amosa a súa cor

Pontevedra
28 de decembro 2018

O edificio que se atopa na fase final das obras de reforma acollerá en 2019 oficinas de emprego, locais para as asociacións sen ánimo de lucro da comarca e espazos para a Universidade de Vigo

Traballos na fachada do antigo edificio da Xunta en Benito Corbal
Traballos na fachada do antigo edificio da Xunta en Benito Corbal / PontevedraViva

O azul metálico chamará a atención na rúa  Benito Corbal. Durante estes días están a instalarse as placas da fachada do edificio onde se albergaban as antigas oficinas de la Xunta de Galicia. A apertura da rede de protección permitiu que se vexa un avance do aspecto que ofrecerá o inmoble cando rematen os traballos de rehabilitación.

As obras de reforma do edificio atópanse xa na súa fase final coa idea de que poida estar operativo a partir do primeiro trimestre deste 2019.

Neste edificio instalaranse oficinas de Emprego nas primeiras plantas, mentres que o terceiro e cuarto andar serán ocupados por diversas asociacións da comarca, que terán que solicitar a súa ocupación por un período de catro anos. 

Os últimos andares, desde o quinta ao oitavo, estarán ocupados pola Universidade de Vigo con oficinas do seu proxecto Campus Crea e espazos de investigación.