Ayuso e Almeida comprométense a peregrinar o roteiro do "Mar de Santiago"

O Salnés
23 de xaneiro 2022

O concelleiro de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, asegura que conseguiu arrincar á presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o compromiso de acudir á ría de Arousa a peregrinar o "Mar de Santiago" que percorre os municipios de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures

Javier Tourís, Roi Casal, Iván Caamaño e Isabel Díaz Ayuso en Fitur
Javier Tourís, Roi Casal, Iván Caamaño e Isabel Díaz Ayuso en Fitur / Concello de Vilanova de Arousa

O concelleiro de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, asegura que conseguiu arrincar á presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o compromiso de acudir á ría de Arousa a peregrinar o "Mar de Santiago" que percorre os municipios de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures.

Javier Tourís engadiu que tamén o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, prometeu facer o Camiño Portugués, seguindo a Variante Espiritual ata Vilanova, onde collerá un barco para remontar a ría de Arousa e o río Ulla antes de desembarcar en Pontecesures, camiño de Compostela.

As novas propostas presentadas en Fitir para atraer un maior número de peregrinos a este roteiro consisten na creación dunha credencial propia para quen complete a Traslatio e a posta en marcha dun bus turístico circular que permitirá subir e baixar do autocar cantas veces como se queira cun só billete.

Tamén organizarán excursións á zona desde Santiago.

 

Arquivado en