AyF Correduría estrea estes días a súa nova páxina webwww.ayfcorreduria.com. Faino varios meses despois do redeseño da súa imaxe nunha nova etapa, na que se fixo un redeseño de toda a súa identidade corporativa co obxectivo de trasladar os principais valores da marca, como son: dilatada experiencia con 55 anos que a avalan, selecto equipo de profesionais, proximidade e unha seriedade contrastada no mercado, grazas á cal os seus clientes e grupos de intereses poden depositar toda a súa confianza con absoluta tranquilidade.
O deseño da nova web é un deseño limpo, con predominio en cores brancas que achegan claridade e sinxeleza, funcional, de fácil navegabilidade e mantendo as mesmas funcionalidades independentemente do dispositivo desde o que se acceda (ordenador, tablet, smartphone, etc.).
Co seu lanzamento, AyF Correduría busca reforzar a súa presenza dixital e manter unha canle de comunicación hoxe en día indispensable, que se suma ao das redes sociais e que favorece a conexión cos seus clientes e con todas as persoas e organizacións que interactúan ou poden chegar a interactuar coa empresa.
AMEIJEIRAS Y FERNÁNDEZ
AyF Correduría é a marca comercial de Ameijeiras y Fernández Correduría de Seguros S. L., que é unha sociedade de correduría líder no sector. Creada en 1989 con autorización da DGSFP J0604, é o resultado dunha empresa familiar con case 6 décadas de experiencia no mundo asegurador, exactamente desde o ano 1958. Toda unha organización preparada para dar solucións ás necesidades de asesoramento e transferencia ao mercado asegurador de todo tipo de riscos tanto para empresas como para particulares.
A sede central atópase en Pontevedra, na rúa Castelao, número 9, 1º, coa que se pode contactar a través do teléfono: 986 850 922 ou o enderezo de correo: [email protected]. Así mesmo, conta con rede de oficinas en: Sanxenxo, Mourente (Pontevedra), Ribadumia e Lalín. A rede de cinco oficinas abertas ao público e os máis de 6.000 clientes que confían nos seus servizos, avalan a xestión de AyF Correduría.