A plataforma 'Dignidade Avogacía Pontevedra' continúa coa súa campaña de protestas para concienciar á sociedade sobre a situación real da profesión e pedir "respeto a nuestra dignidad y nuestra función en los juzgados" e, en concreto, "dignidad"para os letrados que exercen a quenda de oficio.
Os avogados da quenda de oficio están en folga desde o 21 de novembro en toda España convocados polo sindicato Venia e, dentro das mobilizacións convocadas, os letrados pontevedreses concentráronse este mércores no exterior dos xulgados pontevedreses da Parda.
Ademais de lembrar as súas reivindicacións xerais, aproveitaron para recoller firmas contra unha serie de normas que rexen o funcionamento destes xulgados, coas que discrepan. Anunciaron que están "dispuestos a llegar incluso a los tribunales" contra esta forma de actuar.
Por unha banda, denuncian que os avogados da quenda de oficio, cando están de garda, carecen de"una mínima estancia donde poder entrevistarte con el detenido" ou o investigado ao que asisten e teñen que facelo ou ben na rúa ou ben nunha sala destinada a outros usos.
Sosteñen que "mientras que el fiscal, el juez, el letrado la administración de Justicia e incluso el de mantenimiento disponen de un despacho en los en los juzgados de guardia", eles carecen destas dependencias.
Ademais, reclaman contra unha serie de normas que a eles lles traslada o persoal de seguridade, aínda que aseguran que proceden do Decanato dos xulgados, sobre o uso das instalacións que herdaron da pandemia e que advirten que "non estamos dispostas xa a tolerar máis".
Así, cuestionan que non teñen acceso ás instalacións xudiciais antes das 9 da mañá "a pesar de que tenemos unas dependencias judiciales con ordenadores a los que podríamos acceder cuando tenemos señalamientos" a pesar de que "se supone" que o horario dos traballadores dos xulgados empeza ás 8 da mañá. Esta situación repítese nos xulgados de Cambados ou Porriño.
Tamén se queixan de que "no nos dejan circular" libremente polo interior do edificio xudicial e se queren ir desde o xulgado de garda ata o edificio central, deben facelo polo exterior.
Dolores Carpinteiro, unha das portavoces destes avogados en loita, explica que non están dispostos a tolerar esta situacións porque significan "una vez más dejarnos como si fuéramos unos invitados en la administración de justicia, cuando formamos parte esencial del sistema judicial español". Así, insiste en que "no estamos dentro de la administración de justicia, pero somos trabajadores de la justicia y se nos trata como si fuéramos público".
En relación coas súas demandas xerais, Dolores Carpinteiro leu un manifesto en nome de todos os compañeiros insistindo en que a rexeneración democrática "pasa necesariamente por la regeneración en la Justicia, por la mejora en el sistema judicial de nuestro país".
Gritan "STOP" á "precariedad" no desenvolvemento da súa profesión para o servizo público da xustiza gratuíta e "STOP" á precariedade nas súas pensións de xubilación despois de anos de cotización exclusiva para esta continxencia.
Os letrados quéixanse de que, durante anos, a actitude da Administración foi desentenderse totalmente da precariedade das súas pensións de xubilación, permitindo que unha Mutualidade que "demostrou ser unha trampa para as nosas cotizacións", continúe, ata a data, a pesar da vontade maioritaria dos mutualistas, de que as súas cotizacións sexan traspasadas o sistema público nacional, ao RETA.