O director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, José Tronchoni, mantivo este venres unha reunión coa decana do Colexio Provincial da Avogacía de Pontevedra, Gema Rial; e co decano do Colexio de Procuradores de Pontevedra, Joaquín Gabriel Santos Conde.
No encontro abordáronse os principais problemas que estes profesionais atopan nos xulgados de Pontevedra como os derivados da necesidade de máis equipos psicosociais que alivien a saturación que se rexistra a día de hoxe nos procesos de familia.
Tamén a urxencia de dispoñer dun espazo físico no edificio dos xulgados da Parda para os letrados que están de garda en asistencias a detidos en Pontevedra.
Ademais, abordouse a carga de traballo que soportan os xulgados de Vilagarcía de Arousa polo que se pediu un novo xulgado mixto.