Avigal, empresa dedicada á cría, sacrificio, despezamento e distribución de pito e outras variedades avícolas do Grupo agroalimentario Vall Companys, recibiu un recoñecemento especial por parte de Galicia Calidade por dispoñer do selo de garantía Galicia Calidade durante máis de 20 anos.
A entrega do galardón, que tamén foi concedido a outras empresas da rexión, tivo lugar este mércores no acto conmemorativo organizado por Galicia Calidade con motivo da celebración do seu 25º aniversario.
No acto, que se celebrou no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela, acudiron o presidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda, e o vicepresidente Primeiro, D. Francisco Conde, quen foi os encargados de facer a entrega dos galardóns.
Matilde Rodríguez, directora de Comunicación e Marketing en Avigal, sinalou que "desde que obtivemos o selo de garantía de Galicia Calidade, hai xa 20 anos, evolucionamos moito, sempre coa intención de lograr a forma máis óptima de traballar, mellorando os nosos procesos produtivos, co único fin de alcanzar a excelencia no produto".
Desde as súas orixes, a compañía centra os seus esforzos en garantir a mellor calidade en toda a súa oferta avícola, preservando os sabores galegos desde a granxa ata a mesa, asegurando o menor impacto ambiental.
Rodríguez tamén destacou que "esta singradura non tería o éxito que ten sen a axuda de Galicia Calidade, así como dos seus técnicos e auditores, que garanten a calidade das marcas e os produtos que apoian o selo".
Avigal, así mesmo, contribúe á dinamización das zonas máis rurais xerando ocupación en todo o territorio. A compañía, ademais, tamén se involucra en diferentes actividades de ámbito local e de carácter social. Exemplo diso é o seu patrocinio nalgúns clubs deportivos da zona, como o equipo infantil de balonmán, Teucro Bon Pollo; ou a súa participación nas Festas da Peregrina.