Avigal homenaxea os seus granxeiros polos seus 60 anos facendo historia

Pontevedra
30 de setembro 2024

A empresa puxo en valor a traxectoria destes anos e emprazou os granxeiros para mirar o futuro con forza, orgullo e paixón

Avigal homenaxea os seus granxeiros polos seus 60 anos facendo historia
Avigal homenaxea os seus granxeiros polos seus 60 anos facendo historia

Avícola de Galicia (Avigal), empresa dedicada á produción de carne de ave en Pontevedra e de coello en Celanova, celebra a súa traxectoria no sector cun evento baixo o lema "60 anos facendo historia". A iniciativa rende homenaxe os granxeiros da compañía, quen, con vocación de servizo ao longo de ata tres xeracións, traballan por garantir a máxima calidade do produto e o benestar animal.

O evento reuniu 200 asistentes, principalmente granxeiros, que puideron acudir a esta festividade conmemorativa cos seus máis achegados, ademais de empregados das oficinas de Avigal.

O evento tivo lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela e no Parador de Santiago, onde puideron gozar dun circuíto cultural guiado, música tradicional, a proxección dun emotivo vídeo con testemuños de granxeiros que colaboraron ao longo das seis décadas da empresa, e unha comida no comedor real do Parador.

Ademais, creouse un receitario moi especial cunha receita representativa de pito para cada década de historia. Este, que inclúe receitas como o polo ao allo ou o polo chilindrón, foi entregado a cada un dos asistentes para que o poidan gozar, xunto co seu diploma de recoñecemento.

O encontro contou con intervencións de Matilde Rodríguez, responsable de vendas de Avigal; Martín Segovia, director de integración; Gerardo Rodríguez, director xeral da compañía; e Josep Solé, director da división avícola do Grupo Vall Companys. Tamén se entregaron premios a algúns dos granxeiros que destacaron polo seu labor na historia da compañía.

Matilde Rodríguez, responsable de vendas de Avigal, destacou que "celebramos con orgullo 60 anos de compromiso, dedicación e esforzo continuo en Avigal. Este fito non sería posible sen o incansable labor dos nosos granxeiros e empregados, cuxo traballo ao longo destas seis décadas foi o corazón da nosa empresa. Desde os nosos inicios, crecemos grazas á paixón de quen día a día se levantan para coidar da terra, dos produtos e das persoas".

Martín Segovia, director de integración de Avigal, dirixiuse aos granxeiros: "Crecemos xuntos ao longo de todos estes anos. Damos para comer ao mundo e aos poucos convertémosnos nun referente, sempre innovando e buscando a excelencia en todo o que facemos. É un orgullo chegar ata aquí xuntos".

Pola súa banda, Gerardo Rodríguez, director xeral de Avigal, sinalou que "este aniversario non só recoñece o gran labor de todos os traballadores e granxeiros, senón un paso máis para mirar cara ao futuro cunha visión clara e ambiciosa. Esta é a vosa festa e merecédesvola".

Finalmente, Josep Solé, director da división avícola do Grupo Vall Companys, apuntou que "o éxito do Grupo Vall Companys e de Avigal débese principalmente en que poñemos o foco no territorio e deixamos que cada un faga o seu traballo e creza ao seu ritmo. Temos que seguir avanzando con granxas tecnificadas e dignificando o traballo dos granxeiros para que o talento novo siga a substitución".