Unha avaría deixa sen servizo telefónico á Policía Local de Pontevedra

Pontevedra
05 de xaneiro 2025
Actualizado: 17:31

Mentres non se resolve o problema, o Concello habilitou unha liña de atención á cidadanía en caso de necesidade no número de teléfono móbil 678 07 18 45.

Sala de pantallas da Policía Local
Sala de pantallas da Policía Local / PontevedraViva

Desde primeira hora da mañá deste domingo 5 de xaneiro unha avaría deixou sen servizo telefónico á Policía Local de Pontevedra.

Desde o Concello vincularon esta incidencia ao temporal de vento e choiva.

Mentres non se resolve o problema, o Concello habilitou unha liña de atención á cidadanía en caso de necesidade no número de teléfono móbil 678 07 18 45.

Xa foi alertada a compañía R para que recupere as comunicacións cando antes.

A través das redes sociais o Concello informará das novidades neste asunto.

Ás cinco da tarde o Concello comunicou que a liña da Policía Local xa levaba un tempo funcionando correctamente pero que o número de teléfono móbil habilitado con motivo desta avaría seguiría estando operativo "polo que poida pasar".