O avance nas obras do Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, que comezaron no verán, suporá cambios no uso das instalacións.
Así, a mediados de novembro poderanse retomar as clases da Escola de Música. O atraso na chegada dos materiais de obra afectou ao comezo previsto das clases.
Un total de 224 alumnos matriculados en distintas disciplinas musicais retomarán a actividade este curso nas aulas nas que xa se están rematando os traballos de illamento e impermeabilización.
A actuación centrarase agora na mellora da conexión entre plantas. A biblioteca, situada na segunda planta, atópase conectada coa biblioteca infantil mediante unhas escaleiras, sen conexión mediante ascensor e as obras inclúen a demolición parcial das escaleiras.
Estes traballos darán comezo o luns e obrigarán a manter pechada a biblioteca ata que conclúan. O persoal xa retirou exemplares que só se atopan nesta biblioteca e que son de lectura escolar para que, previa solicitude, póidanse recoller nas bibliotecas de Portonovo ou Vilalonga.
No salón de actos avánzase coa carpintaría e a instalación da climatización do espazo. Na cuberta, mantense a estrutura actual, debido ao bo estado do material e de conservación, mentres que, na fachada substituiranse os paneis metálicos existentes sen illamento por paneis sándwich similar aos paneis de cuberta.
Con respecto á iluminación, está a cambiarse por tecnoloxía LED e modificando o cableado para que, alí onde exista luz natural, póidase controlar a iluminación con sistemas intelixentes.
Tamén se realizará unha instalación fotovoltaica na cuberta do edificio e no aparcadoiro para parte da enerxía eléctrica consumida no edificio e comenenciuda para a carga de vehículos eléctricos sexa de orixe renovable, contribuíndo así ao coidado do medioambiente.