Avanzan as obras de mellora no pavillón da Raña e do aparcadoiro

Marín
20 de marzo 2014

Marín prevé volver organizar o campionato Júnior de baloncesto polo que o concello extrema os seus esforzos en poder ofrecer unha imaxe mellorada do pavillón Municipal

Esta semana se esta levando a cabo unha posta a punto e mellora en limpeza e acondicionamento dos vestiarios e da limpeza das zonas altas do pavillón da Raña.

A posibilidade de poder albergar de novo ao campionato Junior de baloncesto en Marín fai que o concello extreme os seus esforzos en poder ofrecer unha imaxe mellorada do pavillón municipal.

Os servizos municipais están a contribuír á boa coordinación dos traballos, pintando, mellorando os vestiarios, a limpeza das partes máis sucias do pavillón, e concluíndo coa limpeza e acondicionamento dunha parcela municipal que esta xusto en fronte da entrada principal e que posibilitará o aparcadoiro en momentos de máxima afluencia de público acollendo algúns coches nese ámbito, optimizando ao máximo o espazo posible.