A tenente de alcalde e responsable da área de Obras, a socialista Chelo Besada, pasou revista esta semana a dúas actuacións que están levando a cabo operarios do propio Concello de Poio e que están encamiñadas á dotación de abastecemento a varias vivendas.
Besada, que estivo acompañada polo edil de Urbanismo, Gregorio Agís, e polo enxeñeiro municipal, comprobou que os traballos avanzan a moi bo ritmo.
En concreto, estas tarefas estanse a desenvolver no lugar do Muíño, na parroquia de San Xoán, e en Chancelas.
No caso dos labores no Muíño, estes servirán para dotar de saneamento a dúas vivendas da zona.
Ademais, os operarios tamén están a traballar na reposición do firme. Nun tramo do camiño estase procedendo a realizar unha ampliación, grazas a cesión dun particular, o que servirá para mellorar a seguridade.
Con respecto á obra de Chancelas, o Concello está a acometer a instalación dun sistema por impulsión para que o saneamento chegue a outra vivenda próxima.