Xa está arranxado o parque infantil do Peirao de Arcade.
Esta actuación inclúese no plan de reparación das zonas de xogo municipais que o Concello de Soutomaior puxo en marcha despois de que unha auditoría detallase as melloras que era necesario acometer.
Os dezaoito parques infantís cos que conta o municipio levan anos "nun estado de deterioración inadmisible", como admitiu o alcalde, Manu Lourenzo.
Cunha subvención de 45.000 euros do Plan +Provincias da Deputación púxose en marcha unha primeira fase de actuacións nos parques do Peirao, da Feira, da Devesa, da Veiguiña Longa, de Aranza, de Moreira e de Lamela.
Aos poucos estanse retirando e reparando os xogos para non ter que pechar estes espazos e que os nenos poidan seguir acudindo.
Ademais, o goberno local fomentará a inclusividade nestes espazos recreativos, adaptándoos para que calquera menor, sexa cal sexa a súa diversidade funcional, poida gozar de maneira autónoma neles.