A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra autorizou este luns a reanudación do contrato de concesión das piscinas de Campolongo.
Segundo informou a portavoz do Goberno local, Carme Da Silva, póñenselle unha serie de condicionantes á empresa para poder reabrir ao público como é a adaptación ao cumprimento dos distintos protocolos de seguridade sanitaria tanto para o persoal laboral como para os usuarios.
Ademais a Xunta de Goberno local recolle o plan de continuación das obras que están pendentes como son a entrada principal do edificio e o pintado das pistas deportivas da terraza exterior.
A empresa terá que presentar toda esta documentación antes de abrir ao público o próximo día 22.
A Dirección do ximnasio de Campolongo xa comunicou algunhas das medidas como que non se permitirá o acceso ás instalacións sen facer uso de máscara protectora que tamén será obrigatoria nas zonas comúns do interior. Ademáis será obrigatoria a toma de temperatura corporal ao socio, non permitíndose o acceso se presenta unha temperatura superior a 37,5 graos centígrados ou aquela que poidan establecer as autoridades sanitarias e que fose compatible con síntomas de covid-19.
Tamén o obrigado o uso de pulseira ou tarxeta de acceso, a desinfección do calzado mediante as alfombras colocadas para o efecto, e o lavado de mans con hidroxel alcohólico.
Ademáis do control de aforo dentro da instalación non se permite o uso de fontes de auga, dos tótems de reservas e dos ascensores, agás en casos xustificados.
Tamén será obrigatorio o uso de dobre toalla na realización de actividades deportivas, respectar a señalética e as instrucións do persoal, usar só as máquinas habilitadas, respectar a distancia de seguridade ou pulverizar con líquido desinfectante as máquinas e o material utilizado, antes e despois do seu uso.