Dez minutos de manobras levoulle ao condutor dun autobús poder endereitar o vehículo e seguir avanzando pola rúa Sagasta este domingo 13 de outubro.
O suceso producíase ao redor das 12.00 horas cando o autobús tentaba virar desde a rúa Benito Corbal cara a Sagasta.
Ao atoparse co xiro, o condutor quedou bloqueado entre os farois e os sinais de tráfico situados nas beirarrúas entre Zara e o lateral do supermercado Froiz
Varios viandantes colaboraron dando indicacións e mesmo un deles tentou mover un sinal de tráfico deixando unha curiosa imaxe.
Finalmente, o condutor da empresa portuguesa de autobuses Espirito Santo lograba continuar a viaxe polo centro da cidade.
Non é a primeira vez que un autobús procedente de fóra de Galicia sofre unha situación deste tipo ao tentar acceder polas rúas do centro de Pontevedra.