Aumentan os novos contaxios en Galicia e certifícase outro falecemento con covid na área sanitaria

Pontevedra
08 de febreiro 2022

82 persoas permanecen ingresadas na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, cinco menos que o luns. A Consellería de Sanidade notifica 4.043 positivos novos en Galicia nas últimas 24 horas, 436 na área pontevedresa. Trátase de 1.305 contaxios diarios máis respecto aos descubertos na xornada do 7 de febreiro

Datos covid-19 na área sanitaria este martes 8 de febreiro de 20221
Datos covid-19 na área sanitaria este martes 8 de febreiro de 20221 / Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

82 persoas continúan ingresadas na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Trátase de cinco menos que na xornada do luns rebaixando así a presión hospitalaria. 62 pacientes atópanse no Hospital Montecelo, onde permanecen 6 enfermos na Unidade de Coidados Intensivos; 13 pacientes están en planta do Hospital  do Salnés e só unha persoa infectada está no Hospital  Quirón Salud de Pontevedra.

Nas últimas horas falecía unha persoa na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, elevando a cifra de decesos a 247 vítimas desde o inicio da pandemia.

Rexístranse, segundo os datos da Consellería de Sanidade, 5.482 casos activos nos distritos de Pontevedra e O Salnés este martes, 249 menos que onte. Nas probas efectuadas durante a última xornada detectáronse 436 novos positivos na área.

DATOS EN GALICIA

A Consellería de Sanidade tamén informou de 11 noves mortes de persoas coa infección do coronavirus en Galicia. O número de falecementos desde o inicio da pandemia ascende a 2.987 pacientes.

Baixa o número de casos activos situándose nesta xornada en 515.561 enfermos, 2.145 menos que en onte. Desta cifra, 701 permanecen hospitalizados, despois de dar o alta a 36. Nas Unidades de Coidados Críticos atópanse 45 persoas, tres menos que hai 24 horas.

Por áreas sanitarias os casos activos son os seguintes: Vigo: 12.892 (-832; A Coruña-Cee: 11.223 (-373); Santiago-O Barbanza: 9.115 (-275); Pontevedra-O Salnés: 5.482 (-249); Lugo: 5.365 (-208); Ourense: 5.033 (-152); e Ferrol: 2.451 (-56).

O dato máis rechamante na comunidade é o ascenso de novos positivos ao rexistrarse 4.043 nas últimas 24 horas. Son 1.305 contaxios diarios máis en relación cos notificados o luns e 534 menos que hai unha semana.