Aumenta o tráfico de mercadorías no Porto de Marín durante este 2024

Marín
21 de novembro 2024

Até outubro deste 2024 movéronse 2.126.000 toneladas de mercadorías no porto marinense, unha suba do 16,75%, igualando a cifra rexistrada durante todo o ano 2023

Embarcación de tráfico de mercancías no Porto de Marín
Embarcación de tráfico de mercancías no Porto de Marín / Autoridad Portuaria de Marín - Ría de Pontevedra

O Porto de Marín experimentou un notable incremento no tráfico de mercadorías durante 2024, alcanzando un crecemento do 16,75% entre xaneiro e outubro en comparación co mesmo período do ano anterior.

Con 2.126.000 toneladas movidas até outubro, o porto xa iguala a cifra total do exercicio anterior, o que anticipa que 2024 será un ano de significativo crecemento no manexo de mercadorías.

O principal impulsor deste incremento foi a descarga de graneis sólidos, que creceu un 22,54%, destacando especialmente os grandes volumes de madeira, cereais, fariñas e pensos.

Así mesmo, a mercadoría xeral aumentou un 22%, impulsada polo tráfico de produtos que non viaxan en contedores como a madeira e a pasta de papel.

En canto á mercadoría en contedores, rexistráronse incrementos significativos en conservas, produtos alimentarios, pesca conxelada e madeiras e cortizas.

Ademais, o número de buques que arribaron ao porto incrementouse un 4,38%, xunto coa súa capacidade total.

Estes datos confirman a tendencia positiva do porto, segundo a Autoridade Portuaria, consolidando a súa posición como centro loxístico.