Augas de Galicia limpa o treito interurbano do río Baltar

Sanxenxo
25 de setembro 2023

Estes traballos desenvólvense no percorrido do río por distintos lugares da parroquia de Santa María de Adina

Limpeza no treito interurbano do río Baltar, en Sanxenxo
Limpeza no treito interurbano do río Baltar, en Sanxenxo /

Augas de Galicia está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Baltar, en Sanxenxo. 

Os traballos están a desenvolverse no treito interurbano do río no seu percorrido por distintos lugares da parroquia de Santa María de Adina.

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións para mellorar os leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.