A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licita este martes a redacción do proxecto construtivo para a mellora da estación de bombeo de augas residuais (EBAR) de Mogor.
A Plataforma de contratos públicos de Galicia recolle a licitación destes traballos que suporán un investimento de máis de 120.000 euros. Esta actuación cofinanciarase polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o día 19 de xullo para presentar as súas ofertas. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.
As actuacións obxecto deste contrato recaen sobre a estación de bombeo denominada ‘Mogor 2’, e consisten nas análises da viabilidade, alternativas, anteproxecto e proxecto construtivo da obra de mellora das instalación existentes. Acondicionarase a infraestrutura tamén para reter o exceso de auga en tempo de choiva
A actuación enmárcase no Plan de saneamento local da ría de Pontevedra, no que a Xunta está a investir 47 millóns de euros.