Augas de Galicia di que rematou a seca

Pontevedra
07 de abril 2018

O director de Augas de Galicia sinala que as reservas dos encoros, que están ao 91,39% da súa capacidade, se sitúan xa nos valores máximos para esta época.  Os 19 sistemas de Galicia-Costa estaban en prealerta por seca desde febreiro

Oficina Técnica da Seca
Oficina Técnica da Seca / Xunta

A Oficina Técnica da Seca propuxo este venres volver á situación de normalidade na totalidade da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa unha vez constatada a recuperación do caudal base dos ríos nos 19 sistemas que integran a conca. Os 19 sistemas de Galicia-Costa estaban en prealerta por seca desde febreiro

Desde o punto de vista meteorolóxico, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, explicou que as precipitacións rexistradas ao longo de febreiro e marzo foron superiores ao habitual nesta época do ano, o que permitiu encadear catro meses con choivas por riba da media.

A continuidade nas precipitacións unida ao feito de que tiveran certa intensidade e persistencia no tempo, engadiu, permitiron consolidar unha tendencia de recuperación na recarga do medio hídrico que foi clave á hora de que os técnicos tomaran a determinación de volver á normalidade.

De feito, segundo os datos de Meteogalicia este foi o segundo mes de marzo máis chuvioso da serie histórica.

No caso do río Lérez o seu caudal amosa os mellores datos da década e tamén se recuperaron os acuíferos. O encoro do Pontillón bota por fora, pois xa superou o 100%, e o encoro da Baxe, en Caldas, ten un nivel de ocupación dun 72,85%.

Arquivado en