A sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra celebrou este martes un xuízo por un delito continuado de agresión sexual a menor de dezaseis anos.
Os feitos sucederon nun centro público entre o ano 2016 e 2017.
O acusado defendeu a súa inocencia asegurando, entre outros argumentos, que polas características do seu traballo nunca coincidía cos menores cando estaban no centro.
En canto ao testemuño da menor, prestouse a porta pechada.
O fiscal pide 12 anos de prisión para este home, ademais da pena de prohibición de comunicación e de aproximación á menor durante 15 anos.
O representante do Ministerio Público tamén solicita que o acusado indemnice á vítima con 12.000 euros, neste caso, aos pais da menor ao ser estes os seus representantes legais.