Un neno de 9 anos foi atropelado ás 14:35 horas deste venres na rúa Riazón da Illa de Arousa, segundo informan dende o 112.
O suceso produciuse cando o menor baixaba do autobús do transporte escolar.
Á localidade desprazouse o helicóptero do 112 pero finalmente non foi necesaria a evacuación, sendo trasladado en ambulancia ao Hospital Comarcal do Salnés e posteriormente al Hospital Clínico de Santiago.