Atrapan un home furtando tres auriculares e unha afeitadora

Pontevedra
14 de abril 2015

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación dun varón, de 45 anos de idade, veciño de Pontevedra con antecedentes policiais, como presunto autor dun furto nun establecemento comercial de Pontevedra

Axente da Policía Nacional
Axente da Policía Nacional / Mónica Patxot

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación dun varón, de 45 anos de idade, veciño de Pontevedra con antecedentes policiais, como presunto autor dun furto nun establecemento comercial de Pontevedra.

Os feitos aconteceron sobre as 19.50 horas, deste luns, cando con ocasión de patrullar en prevención da seguridade cidadá polas inmediacións da estrada de Vilagarcía os axentes observaron un individuo que ao detectar a presenza policial tratou de ocultarse.

Os axentes procederon á súa identificación e observaron como trataba de esconder entre as mangas da cazadora varios obxectos dos que non puido acreditar a súa procedencia: tres cascos para xogos e unha afeitadora, que recoñeceu ter subtraído nun centro comercial.

O valor total do subtraído ascende a 111,90 euros.

Os axentes finalizadas as dilixencias iniciais procederon á entrega da correspondente cédula de citación para a celebración de xuízo rápido.