Atopan unha bolsa con tres quilos de haxix oculta baixo unas rochas en Chancelas

Poio
24 de setembro 2022

A droga, que estaba en formato tableta e envolta en plásticos, atopábase escondida no interior dunha parcela situada no Camiño Real, en Chancelas. Cada envoltorio estaba 'decorado' coa cara de Pablo Escobar, o coñecido narcotraficante colombiano, baixo o apelativo de "patrón"

Haxix atopado baixo unhas rochas en Chancelas
Haxix atopado baixo unhas rochas en Chancelas / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio iniciou unha investigación para localizar á persoa que, nos últimos días, ocultou baixo unhas rocas unha bolsa con tres quilos de haxix.

O achado produciuse o pasado 20 de setembro, grazas á colaboración cidadá.

A droga, que estaba en formato tableta e envolta en plásticos, atopábase escondida no interior dunha parcela situada no Camiño Real, en Chancelas.

Cada envoltorio estaba 'decorado' coa cara de Pablo Escobar, o coñecido narcotraficante colombiano, baixo o apelativo de "patrón".

O valor que tería no mercado o haxix incautado é duns 4.000 euros.

Á persoa responsable deste alixo, en caso de ser localizada, investigaralla por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Tras as primeiras dilixencias realizadas pola Policía Local, as investigacións continuarán da man da Garda Civil.