Atopan produtos tecnolóxicos roubados na bolsa dunha clienta do Centro Comercial A Barca

Poio
25 de abril 2021

Na bolsa que levaba acharon dous reprodutores de música, uns cascos de música, un reloxo espertador dixital e unha máquina cortapelo. A muller será citada para un xuízo rápido, investigada por un delito leve de furto

Produtos roubados no centro comercial A Barca
Produtos roubados no centro comercial A Barca / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio identificou a unha muller de 45 anos, veciña de Pontevedra, que foi sorprendida mentres trataba de roubar diferentes produtos tecnolóxicos no Centro Comercial A Barca.

Foron os vixiantes de seguridade os que, sobre as 10:30 horas de onte sábado, chamaron á Policía Local despois de que a alarma saltase á saída da muller do centro comercial.

Na bolsa que levaba acharon dous reprodutores de música, uns cascos de música, un reloxo espertador dixital e unha máquina cortapelo.

A muller será citada para un xuízo rápido, investigada por un delito leve de furto.