Atopan nas escavacións de Santa Clara un anel de ouro que "ten como mínimo 500 anos"

Pontevedra
07 de outubro 2022

Crese que a peza, atopada na zona do claustro, é anterior ao Século XVI. Agora pasará a custodia do Museo de Pontevedra para o seu estudo

Anel de ouro atopado nas escavacións arqueolóxicas de Santa Clara
Anel de ouro atopado nas escavacións arqueolóxicas de Santa Clara / Deputación de Pontevedra

As escavacións arqueolóxicas que se están levando a cabo no Convento de Santa Clara tras a súa adquisión por parte do Concello de Pontevedra están pequenos tesouros sobre a historia da cidade.

O último deles atopados foi un pequeno anel que "ten como mínimo 500 anos", explicou o concelleiro pontevedrés César Mosquera, vicepresidente da Deputación.

Trátase dunha peza de ouro que ten gravada unha Cruz de Malta.

O seu achado produciuse na zona do claustro "non medio de restos do século XVI, pero hai que facer probas para ver se é anterior", explicou o edil.

O anel pasou a custodia do Museo de Pontevedra para o seu estudo, aínda que desde o Concello mostran a súa satisfacción afrimando que "poder ser mesmo unha inspiración para facer réplicas".