Atopan escondida unha das pitas do Mercado despois de que a levaran de festa

Pontevedra
11 de outubro 2024
Actualizado: 19:17

A Policía Local non puido identificar os autores destes feitos. O alertante que telefonou á Policía aseguraba que un grupo de mozos romperan a figura

Grupo de galiñas do conxunto escultórico do Mercado
Grupo de galiñas do conxunto escultórico do Mercado / Mónica Patxot

Ás 5.50 horas da madrugada deste venres, un particular alertou por teléfono á central da Xefatura da Policía Local do roubo dunha galiña.

Non se trataba dun animal calquera, senón dunha das esculturas de bronce que compoñen o conxunto situado fronte ao Mercado, obra da artista Cuqui Piñeiro.

O alertante que telefonou á Policía aseguraba que un grupo de mozos rompera a figura da pita e a levara do lugar.

Segundo informou o Concello de Pontevedra, unha patrulla de axentes desprazouse até a Praza de Abastos comprobando que, efectivamente, faltaba unha galiña que máis tarde sería localizada non moi lonxe de alí.

Concretamente, a pequena escultura estaba detrás dunha papeleira fronte á outra fachada do Mercado, na avenida de Bos Aires.

A Policía Local non puido identificar os autores destes feitos.

A investigación permanece aberta.

Grupo de galiñas do conxunto escultórico do Mercado
Grupo de galiñas do conxunto escultórico do Mercado  Mónica Patxot