Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital como resultado dun incendio rexistrado na noite do mércores 1 de xaneiro en Pontevedra.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, unha pota esquecida ao lume foi a orixe do incendio, que provocou unha importante acumulación de fume.
O incendio rexistrouse nunha vivenda da rúa Manuel del Palacio sobre as 21:30 horas.
Un veciño alertou ao 112 Galicia ao observar unha gran cantidade de fume que saía do domicilio e explicou que intentara contactar co propietario da vivenda, pero este non respondía.
O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Pontevedra, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Nacional, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil.
Segundo a informción do 112 Galicia, a persoa afectada foi trasladada ao hospital de referencia para recibir atención médica debido á inhalación de fume.