A atención psicolóxica foi en 2024 o servizo máis demandado entre as usuarias do Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra.
Segundo consta no resumo anual de actividade do centro, o pasado ano rexistráronse 334 consultas por atención psicolóxica.
O segundo motivo en número de consultas foi a atención a vítimas de violencia de xénero, con 205 realizadas nos doce meses de 2024.
Tan só unha consulta menos, 204, xerou o servizo de información de recursos dispoñibles para as mulleres neste centro.
Ademais, as profesionais do CIM deron asesoramento xurídico a mulleres neste centro en 2024. Este servizo demandouse 195 veces.
A actividade do centro complétase coa información de cursos, xornadas e actividades, que xerou 9 consultas; a orientación para o emprego (8); e a demanda doutro tipo de informacións (21 consultas).
Durante o ano pasado desde este centro municipal de información á muller organizáronse actividades para asociacións e tamén outras abertas para a sociedade en xeral. Abertas ao público en xeral houbo 14 iniciativas organizadas e outro seis para pesonas físicas.