O desenvolvemento do desfile de entroido previsto para o sábado 10 de febreiro, conlevará como é habitual unha serie de restricións de tráfico, previamente e durante a súa celebración; desde as 15.00 ata as 20.00 horas. Esta multitudinaria cita festiva terá o seguinte percorrido: sairá de José Malvar e continuará por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena, Praza de España, Alameda e recollerase en Echegaray.
A rúa José Malvar estará cortada nese horario, entre 15.00 e 20.00 horas. Entre as 16.00 e as 20.00 horas tamén estará prohibido circular polas rúas Loureiro Crespo - no tramo entre o 12 de Novembro e Benito Corbal-, Benito Corbal, Alameda e Echegaray. De igual forma as rúas que desemboquen nas mencionadas vías anteriormente citadas tamén estarán pechadas para a circulación rodada. Lémbrase así, que a entrada e saída de garaxes nestas vivendas non será posible neste horario.
Vehículos de emerxencia
Para os vehículos de emerxencias que requiran circular polas rúas afectadas, deberán comunicar á Policía Local a necesidade de acceder ao centro asistencial, para que se tomen as medidas pertinentes. O teléfono ao que deben chamar é o 986833080.
Está establecido un acceso para os servizos de emerxencia entre as 16.00 e as 20.00 horas. Para chegar ao Hospital Provincial haberá dous roteiros: un desde Beiramar cara a Padre Gaite, San Antoniño, Victor Cervera Mercadillo e Loureiro Crespo. O segundo roteiro é o acceso por Uxío Novoneira e Joaquín Costa.
Para chegar ao Hospital Quirónsalud deberá facerse pola Praza de Galicia, Andrés Mellado, Sagasta usando o sentido contrario ao habitual e Castelao.