Ata 284 mulleres estranxeiras están a ser vítimas de violencia de xénero na provincia de Pontevedra

Pontevedra
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Abel Losada clausuraba unha xornada informativa sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero con motivo do 8M

Xornada informativa desenvolvida na Subdelegación do Goberno en Pontevedra
Xornada informativa desenvolvida na Subdelegación do Goberno en Pontevedra / Subdelegación del Gobierno

Ata 284 mulleres estranxeiras están a ser atendidas na provincia de Pontevedra debido á violencia de xénero. É un dos datos que reportou o subdelegado do Goberno, Abel Losada, durante a clausura dunha xornada sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero e con motivo do 8M.

Esa cifra corresponde ás cifras que ofrece o sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero do Ministerio do Interior) e que supón ter activos 286 casos. En referencia a estas vítimas, Losada manifestou que "á súa condición de vítimas engádese a súa condición de migrantes. Son mulleres que están por tanto dobremente discriminadas e victimizadas, como mulleres e como migrantes", sendo así “crucial recoñecer e visibilizar a súa especial vulnerabilidade”.

Á xornada, coordinada pola Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, asistiron profesionais de Servizos Sociais, representantes institucionais e membros dos Corpos e Forzas de Seguridade. A persoa encargada de impartir o contido foi o xefe da Oficina de Estranxeiría desta administación pública, Juan Carlos Vázquez.

Arquivado en