ASSEII lanza un vídeo para pedir aos pacientes de enfermidades infecciosas intestinais que se vacinen

Pontevedra
18 de maio 2021

Coñecidos deportistas, hostaleiros, políticos, médicos e profesionais da atención sociosanitaria piden no vídeo creado pola Asociación Socio Sanitaria Enfermidades  Inflamatorias Intestinais e Ostomizados de Pontevedra que non teñan medo á vacinación contra a covid-19

El médico do CHOP Daniel Carpio participa no vídeo de ASSEII para pedir os pacientes que se vacinen
El médico do CHOP Daniel Carpio participa no vídeo de ASSEII para pedir os pacientes que se vacinen

Este mércores, 19 de maio, celébrase o Día Mundial da Enfermidade Inflamatoria Intestinal, que engloba á enfermidade de Crohn e á colitis ulcerosa.

Asociación Socio Sanitaria Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados de Pontevedra (ASSEII) lanzou un vídeo para concienciar a estes pacientes da necesidade de vacinarse contra a covid-19 e, ao mesmo tempo, espantar calquera tipo de medo ou temor cara este tratamento fundamental para superar a pandemia.

"A vacinación é un elemento fundamental para saír desta situacion pandémica", sinalou o concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández, que tamén forma parte deste colectivo. "Os que somos enfermos cronicos temos unha necesidade de vacinación moito maior", insiste o edil.

A iniciativa, que conta co apoio de persoas coñecidas na sociedade pontevedresa do ámbito da sanidade, da asistencia social, da política, do deporte ou da hostalería, ten como obxectivo ofrecer luz ante noticias ou informacións confusas e deixar clara a necesidade de vacinarse. 

"Hai que concienciar moito a xente da necesidade de pasar pola vacinación. Temos que convencelas que o medo é a pandemia", sinala Ángela Paz, directiva de ASSEII. 

No vídeo participa Daniel Carpio, xefe da unidade de enfermidades intestinais infecciosas do CHOP, quen asegura, facendo alusión a múltiples informes médicos e diversas sociedades de medicina, que a vacinación para este tipo de pacientes é completamente segura e necesaria.