O Concello de Caldas de Reis comezará nos vindeiros días o proceso selectivo para o reforzo do seu persoal municipal, a través do Programa +Provincia da Deputación de Pontevedra.
O investimento ascende a un total de 152.219 euros, que irá destinado á contratación temporal, por un período de dez meses, dun total de sete persoas.
A intención do goberno local é que estas incorporacións xa estean traballando a partires do mes de abril.
A xestión permitirá á Administración municipal contar cun maior número efectivos nas áreas de Obras e de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos.
Os contratos serán de 30 horas semanais, cunha duración de dez meses.
Poderán acceder a estes postos persoas que se atopen inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
En total, serán unhas 30 aproximadamente as persoas que formarán parte do proceso selectivo.
Tal e como se establece nas bases de contratación, ademais dunha proba práctica, teranse tamén en conta outros factores á hora de establecer as puntuacións definitivas.
Terán preferencia aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego de longa duración, así como aquelas mulleres e mocidade con baixa cualificación.
Tamén terán máis posibilidades de acceso a estes contratos temporais persoas maiores de 45 anos ou aquelas que poidan acreditar unha discapacidade física de máis do 65% ou con máis dificultades para acceder ao mercado laboral.
As vítimas de violencia de xénero, as familias monoparentais e as persoas con nieveis de renda máis baixa tamén terán prioridade no proceso selectivo.