Nin unha quinta parte das persoas citadas ao cribado de Sanxenxo, que as autoridades sanitarias realizaron nos últimos días para detectar portadores asintomáticos da covid-19, asistiu ao lugar de extracción das mostras.
Só 604 das 3.500 persoas convocadas, todas elas de 15 a 39 anos, aceptaron someterse a este cribado, que se organizou na Sala Nauta.
É dicir, unicamente o 17% do total fixéronse a proba para comprobar se estaban contaxiados do coronavirus.
Ningún deles deu un resultado positivo, engaden desde o Servizo Galego de Saúde.