Así vixían na ETAP de Lérez que a auga potable chegue ás vivendas durante este estado de alarma

Pontevedra
17 de abril 2020

A empresa Viaqua estableceu desde o primeiro día do confinamento dúas caravanas para que dous traballadores que se encargan da xestión das instalacións da Planta de tratamento de auga potable garantiran o perfecto funcionamento do servizo

Caravanas para o persoal de Viaqua que rota para atender a estación de Lérez
Caravanas para o persoal de Viaqua que rota para atender a estación de Lérez / Viaqua

Dúas caravanas atópanse situadas ante a planta de tratamento de auga potable (ETAP) de Lérez. Dous traballadores de Viaqua, empresa adxudicataria da xestión da auga en Pontevedra, utilízanas como vivenda temporal mentres se encargan de vixiar e garantir que a estación funcione correctamente e desta forma, permitir que a cidade de Pontevedra poida seguir con abastecemento de auga durante este estado de alarma.

A medida, segundo o Concello de Pontevedra, adoptábase desde o primeiro día en que o Goberno do Estado decretaba o estado de alarma. A empresa concesionaria instalaba dúas caravanas e establecía as gardas por parte de dous técnicos durante 15 días cumprindo con todos os protocolos de seguridade sanitaria evitando o contacto directo entre o persoal.

Cada quincena, estes traballadores son substituídos por outros dous, que realizan o mesmo servizo de mantemento das instalacións. As caravanas son desinfectadas periodicamente para garantir a seguridade dos empregados que as empregan. Outros desenvolven teletraballo realizando outras actividades.

Desde o Concello sinalan que se trata dun dispositivo necesario porque este espazo resulta fundamental para a subministración de augae non se pode permitir ningún imprevisto que provoque o desabastecemento nas actuais circunstancias.

A empresa, pola súa parte, sinala que "a calidade e a seguridade da auga potable está garantida en todo momento. Os actuais procesos de tratamento e os parámetros de control da auga de consumo garanten a calidade sanitaria, non véndose afectada pola actual situación".

Na ETAP de Lérez xestiónese toda a auga da poboación de Pontevedra, ademais da municipios próximos como Poio, Sanxenxo, Marín e Bueu. Desta forma, aténdese a 160.000 habitantes de todo a contorna. A capacidade de tratamento é e 1.000 litros por segundo.  As instalacións contan con dous depósitos de 15.000 metros cúbicos e 12.500 metros cúbicos.

Toda a auga que se regula desde esta planta procede de augas superficiais procedentes de dous puntos, o río Lérez e o encoro do Pontillón de Castro, situado na parroquia pontevedresa de Verducido.

Desde Viaqua afirman tamén que están en permanente contacto coas autoridades sanitarias para atender calquera circunstancia. E pon a disposición da poboación unha serie de canles non presenciais para calquera consulta que se precise.