Así será o reparto dos 11 grupos participantes no XXVIII Concurso de Murgas

Pontevedra
03 de marzo 2019

A primeira eliminatoria será este luns 4 a partir das 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A segunda será o mércores 6 e a final vai celebrarse o xoves 

Final do Concurso de Murgas de 2018
Final do Concurso de Murgas de 2018

O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra volverá a encherse de público esta semana con motivo da celebración da 28 edición do Concurso de Murgas na que neste ano participarán once agrupacións.

A primeira eliminatoria será este luns 4 de marzo, a partir das 21.00 horas. Nela participarán Los de Soremay, Os de Noalla, Os do Val do Lérez-O Clan de Valle Inclán, Equipo Ja e Leña verde.

A segunda xornada clasificatoria será o mércores 6 de marzo, tamén a partir das 21.00 horas. Nesa ocasión seis agrupacións subirán ao escenario cargados de bo humor, crítica e música: Os Arrumbados, PTV-Made in China, Sin barreras, Jana de Leria, A tropa da Moncha a Caralla e El ataque de los drones.

A final está prevista para o xoves 7 de marzo á mesma hora. Como todos os anos, a entrada será libre ata completar as butacas do recinto.

Arquivado en