Así loce a restaurada carroza da Virxe Peregrina

Pontevedra
06 de agosto 2019

Durante estes días a carroza da Virxe Peregrina exhíbese ao público para que poida comprobar o resultado dos traballos de restauración

Carroza da Virxe Peregrina
Carroza da Virxe Peregrina / PontevedraViva

Durante estes días a carroza da Virxe Peregrina exhíbese ao público para que poida comprobar o resultado dos traballos de restauración.

Supervisados por Patrimonio, os encargados de levar a cabo este traballo foron os artesáns da carpintería Omil situada no Campiño de Santa María que, entre outras melloras, substituíron as rodas e cambiaron toda a estrutura de madeira que estaban afectadas polas polillas e a carcoma. Na posta a punto colaborou tamén a restauradora Pilar Baamonde

Agora a carroza loce un novo tapizado e lacado, despois de eliminar as múltiples capas de pintura aplicadas ao longo dos anos.

O orzamento desta restauración era de 20.000 euros financiado co diñeiro recollido nas colectas, algúns donativos e as cotas dos confrades.

O vindeiro sábado 10 de agosto, ás 13.15 horas, será a reestrea desta centenaria carroza que procesionará ata o santuario da Virxe Peregrina na tradicional ofrenda floral.

A Confraría Virxe Peregrina tamén fixo algunhas reformas no interior do templo, como a restauración do retablo maior, ademais dos báculos e do estandarte da confraría. Todo iso para celebrar os 225 anos desta icónica igrexa.