Así evoluciona a pandemia na área sanitaria: cinco novos positivos e un paciente menos en Montecelo

Pontevedra
29 de setembro 2021
Actualizado: 12:33

O último balance oficial, con datos das seis da tarde do martes, recolle que hai sete pacientes ingresados, un menos que o día anterior, tras confirmarse un novo falecemento en Montecelo. Hai 80 casos activos, cinco menos que o día anterior, a pesar de confirmarse cinco positivos novos na última xornada

Ambulancia no Hospital Montecelo
Ambulancia no Hospital Montecelo / PontevedraViva

A pandemia da covid-19 ten unha evolución contida na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que reduce lentamente o número de casos activos -o martes mesmo os aumentou lixeiramente- e segue sen conseguir baleirar o hospital

A presión asistencial había sufrido o martes un pequeno revés co aumento dun paciente máis ingresado en planta e este mércores regresa ás cifras das xornadas anteriores, aínda que se debe a que en este mesmo período faleceu unha paciente ingresada no Hospital Montecelo. Trátase dunha muller de 89 anos, que presentaba patoloxías previas.

O último balance oficial, con datos das seis da tarde do martes, recolle que hai sete pacientes ingresados, un menos que o día anterior e mesma cantidade que o luns. 

Todos os pacientes están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, cinco ingresados en planta de hospitalización e dúas na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo. Non hai do ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez nin no Hospital do Salnés.

En canto ao total de casos activos, este mércores hai 80, cinco menos que o día anterior, a pesar de confirmarse cinco positivos novos na última xornada. Débese a que tamén se deron 10 altas de pacientes. 

Ademais dos sete pacientes hospitalizados, hai 73 casos que se atopan en illamento no seu domicilio baixo supervisión médica.

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 21.132 pacientes e faleceron 205 pacientes

Nas últimas 24 horas realizáronse na área sanitaria cantidades similares de probas de detección do virus ás últimas xornadas. En concreto, foron 149 PCR, que elevan a 302.804 o total das realizadas ata o de agora. Ademais, realizáronse 139.886 test de antíxenos e 108.312 probas doutra natureza. 

SITUACIÓN NOS COLEXIOS

A Consellería de Sanidade deu conta este mércores do balance semanal da evolución da pandemia nos centros educativos e sinalou que en toda Galicia hai 270 casos activos vencellados a centros, tanto entre o alumnado como entre os profesionais, dos que 17 están na área sanitaria de Pontevedra

Segundo este balance, nos últimos sete días decretouse o peche de catro aulas na área sanitaria, un total de 23 en toda Galicia.

Neste mesmo período non houbo casos nas escolas infantís pontevedresas e en toda Galicia só se detectou un positivo e se acordou o peche dunha aula en Vigo.