Así é o reparto de áreas de xestión entre os concelleiros de Poio

Poio
21 de xuño 2023

O alcalde mantivo unha reunión de traballo cos funcionarios municipais. Ángel Moldes se fará cargo das áreas de Economía e Facenda, Mar e Participación Veciñal

O alcalde Ángel Moldes nunha reunión de traballo cos funcionarios municipais
O alcalde Ángel Moldes nunha reunión de traballo cos funcionarios municipais / Concello de Poio

O alcalde de Poio, Ángel Moldes mantivo este mércores unha reunión de traballo cos funcionarios e traballadores municipais na que deu a coñecer o reparto de responsabilidades e delegacións entre os concelleiros.

Moldes destacou que "Poio terá este mandato un único alcalde e un único equipo, que traballará de xeito cohesionado, transversal e unido para todos os veciños sen excepción, e que contará cun único orzamento, que se destinará a atender as prioridades dos veciños e non as do Goberno".

Un goberno que estará directamente coordinado polo alcalde que tamén se fará cargo das áreas de Economía e Facenda, Mar e Participación Veciñal, porque, asegura, "este mandato estará centrado no diálogo, nos feitos e na atención ás persoas, en dar resposta ás reclamacións que están pendentes de solución desde hai décadas e preparar ao concello para os retos do futuro".

O concelleiro Marcial García dirixirá Obras, Servizos e Parques e Xardíns. Manuel Domínguez Álvarez será responsable de Medio Ambiente. María Natividad Torres desenvolverá as delegacións de Benestar Social e Igualdade. Natalia Sabarís será a concelleira responsable de Cultura e Educación.

Pola súa banda, María José González farase cargo de Promoción Económica e Seguridade Cidadán e Cándido Muíños levará Deportes, Patrimonio Histórico e Persoal, sendo Francisco Javier da Silva o responsable de Festexos.

Ademáis, Rocío Cochón terá as competencias de Urbanismo e Turismo e Tamara González asume Saúde, Mocidade, Transparencia, Espazos Cidadáns e Novas Tecnoloxías.