A Deputación de Pontevedra, que preside Luís López, deu a coñecer este xoves a repartición de áreas entre os 13 deputados que conforman o goberno provincial.
Marta Fernández-Tapias ocupará a vicepresidencia primeira con competencias en todas as cuestións relacionadas con Vigo, ademais de dúas áreas con gran proxección pública: Deportes e Cultura.
Rafa Domínguez será vicepresidente segundo con competencias en todas as cuestións relacionadas con Pontevedra ademáis da área de Economía e Impulso ao Emprego. Tamén asume a xestión do Museo Provincial e o Convento de Santa Clara.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, farase cargo da área de Reto Demográfico, Mocidade e Desenvolvemento Rural.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, será a responsable de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital.
O tenente de alcalde de Sanxenxo, Marcos Guisasola asume Medio Ambiente e Mar e o tenente de alcalde de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, Acción comunitaria e Equipamentos públicos.
Á fronte das Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación estará a enxeñeira Isabel Couselo, líder da oposición en Cuntis.
O alcalde da Estrada, José López Campos será o responsable de Cooperación Local e Emerxencias.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, farase cargo de Turismo aproveitando a súa experiencia durante a súa etapa na Xunta.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña encargarase das áreas de Asistencia aos concellos, Transparencia e Administración Xeral.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo será o responsable da Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación.
A concelleira redondelana Sandra Bastos xestionará Igualdade e Benestar Social.
O novo rexedor da Guarda, Roberto Álvarez, xestionará a Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais.