Así é a postal de Nadal que propón Pontevedra

Pontevedra
04 de decembro 2020

Xunto coa iluminación do Nadal, Pontevedra estreou este venres a decoración que durante as próximas semanas adornará os espazos públicos da cidade. Entre os motivos máis destacados está a postal que, como cada ano, propón o Concello nas inmediacións da Praza de Ourense e os xardíns da Ferrería

Decoración de Nadal nos xardíns da Ferrería
Decoración de Nadal nos xardíns da Ferrería / PontevedraViva

Xunto coa iluminación do Nadal, Pontevedra estreou este venres a decoración que durante as próximas semanas adornará os espazos públicos da cidade.

Entre os motivos máis destacados está a postal que, como cada ano, propón o Concello nas inmediacións da Praza de Ourense e os xardíns da Ferrería.

Nesta ocasión, o goberno municipal apostadou por situar diante dos xardíns de Castro Sampedro unha estrutura na que, ademais do nome de Pontevedra, figura a frase "Tempo de Nadal".

A idea é que as fotos das postais do Nadal queden ambientadas coa iluminación dos xardíns e coa impoñente presenza da igrexa de San Francisco.

Ademais, os xardíns foron decorados con motivos do Nadal como paraugas de caramelo e galletas de xenxibre con forma de persoas.