Cando se cumpre unha semana do primeiro dos incendios que durante os últimos días arrasaron os montes de Pontevedra e as súas comarcas próximas, iniciado o luns 8 en Tenorio, en Cotobade, así é como quedaron as paisaxes.
O de Tenorio foi finalmente o lume cun desenlace máis crítico, 365 hectáreas arrasadas, pero non é menos dramático o día despois nos outros incendios dos últimos días. Viascón e Carballedo, en Cotobade; Lérez, Ponte Sampaio, Xeve, Bora, Verducido e Salcedo, en Pontevedra; O Vao, en Poio; Saiar, en Caldas de Reis; ou os dous incendios de Soutomaior que se achegaron a Pontevedra por Ponte Sampaio.
Son os máis graves, pero houbo máis de menor tamaño e todos contribuíron a que o negro substitúa agora ao verde en hectáreas de terreo. O lume, de momento, deu unha tregua ás Rías Baixas.
Para protestar por uns e outros e, en xeral, polo que está a acontecer en toda Galicia, este xoves convocouse de urxencia dunha concentración contra os incendios forestais baixo o lema 'Lumes Nunca Máis!'. Será ás 20.30 horas na praza da Peregrina.