Así afectará o tráfico a primeira etapa da Volta ciclista a Galicia con inicio e final en Poio

Poio
13 de setembro 2022

Con motivo da celebración da primeira etapa da XX Volta Ciclista a Galicia diversas varias estradas veranse afectadas por cortes puntuais ou desvíos provisionais durante a xornada

Axentes da Garda Civil de Tráfico
Axentes da Garda Civil de Tráfico / Mónica Patxot

A primeira etapa da XX Volta ciclista a Galicia terá lugar o próximo día 15 de setembro, con inicio previsto ás 12:00 horas na localidade de Combarro e final na Casa do Concello de Poio, sobre as 17:00 horas.

Por tal motivo veranse afectadas varias estradas, con cortes intermitentes en varios tramos, destacando a PO-308.

O inicio da etapa será con saída neutralizada ás 12:00 horas, desde a localidade de Combarro accedendo á devandita estrada á altura do km. 5,500, discorrendo ata o km. 0,800 en San Xoán de Poio, onde tomarán dirección Lourido. Posteriormente accederán outra vez á PO-308 á altura do km. 2,900 discorrendo ata o km. 8,800 (Samieira), para tomar a PO-303. 

A previsión do corte nos devanditos tramos da PO-308 veranse afectados, aproximadamente, entre as 11:45 e as 12:30 horas.

Posteriormente, sobre as 15:30 horas, os ciclistas volverán acceder á PO-308 á altura do km. 8,800 (Samieira), ata o km. 3,100, onde virarán para dirixirse en dirección ao Mosteiro de Poio, sobre as sobre as 15:50 horas. A previsión do corte neste tramo verase afectado entre as 15:15 e as 16:00 horas.

No final de etapa, os ciclistas accederán novamente á altura do km. 8,800 (Samieira), sobre as 16:10 horas, discorrendo ata o 3,100 (San Xoan) para virar en dirección ao Mosteiro de Poio, sobre as 16:20 horas. A previsión do corte nese tramo verase afectado entre as 16:00 e as 17:00 horas.