As visitas á illa de Tambo, tamén para escolares

Poio
15 de abril 2023

A primeira visita programada será a do CEIP Plurilingüe Chancelas, que levará a cabo na illa unha búsqueda do tesouro para descubrir a súa riqueza patrimonial

A Illa de Tambo
A Illa de Tambo / Mónica Patxot

Os centros educativos de Poio poderán visitar a illa de Tambo durante o segundo trimestre do ano.

Trátase dunhas excursións programadas en coordinación coas concellerías de Turismo e Promoción Económica co obxectivo de dar a coñecer a riqueza patrimonial e ambiental do privilexiado enclave situado no medio da ría de Pontevedra, recuperado desde o pasado mes de marzo para toda a cidadanía tras o acordo alcanzado co Ministerio de Defensa.

Os encargados de estrear estas visitas serán os escolares do CEIP Chancelas os días 17 e 21 de abril, con saída ás 9.30 horas e regreso ás 13.30 horas.

A actividade contará coa colaboración da Asociación Irmandade Illa de Tambo para converter a saída en didáctica realizando unha divertida procura do tesouro coa que, a través dunha serie de pistas, o alumnado irá percorrendo e descubrindo a illa e o seu patrimonio.

Trátase dun xogo cooperativo, xa que o tesouro será para todos os participantes e non só para os que cheguen primeiro, cunha recompensa consistente nun lote de material pedagóxico.