As solicitudes de axudas do Plan Social de ENCE superan os 11 millóns de euros

Pontevedra
13 de decembro 2019

A terceira convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra pechou cunha cifra superior a 11 millóns de euros, repartidos entre 477 proxectos

Fábrica de ENCE en Lourizán
Fábrica de ENCE en Lourizán

A terceira convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra pechou cunha cifra superior a 11 millóns de euros, repartidos entre 477 proxectos.

Nun comunicado a compañía pasteira, destaca a cantidade solicita nas áreas de apoio ao deporte, con cerca de tres millóns de euros; recuperación e coidado da contorna, con cerca de dous millóns e medio de euros; e impulso ao emprendemento e á innovación", con máis de dous millóns de euros.

Os programas de apoio á educación e cultura solicitaron cerca de dous millóns de euros, os de loita contra a exclusión social máis de un millón de euros e para axudas veciñais pedíronse cerca de medio millón de euros.

Para Ence o importante número de proxectos recibidos xunto coa magnitude da cantidade solicitada por todos eles, demostra o éxito do plan social, unha iniciativa "que segue crecendo ano tras ano e que supón unha valiosa axuda para a contorna social".

Dende a dirección da fábrica de Lourizán aseguran que a súa é unha das iniciativas sociais de maior envergadura realizada por unha empresa privada en España.