As socialistas pontevedresas concéntranse en defensa da igualdade

Pontevedra
16 de febreiro 2019

Diante das escaleiras de San Francisco, na tarde deste venres, mais de medio centenar de mulleres socialistas se concentraron para transmitir unha mensaxe "continuaremos loitando xunto ás nosas compañeiras dos colectivos feministas, con mais forza que nunca para consolidar o conquistado e forzar a transformación social que as mulleres necesitamos"

Concentración de mulleres socialistas
Concentración de mulleres socialistas / PSOE Pontevedra

Diante das escaleiras de San Francisco, na tarde deste venres, mais de medio centenar de mulleres socialistas se concentraron para transmitir unha mensaxe "continuaremos loitando xunto ás nosas compañeiras dos colectivos feministas, con mais forza que nunca para consolidar o conquistado e forzar a transformación social que as mulleres necesitamos".

Así se dixo no manifesto lido por Margariña Valderrama e Paloma Castro.

Con este acto, as socialistas quentan motores de cara ao 8 de marzo, que esperan que sexa un éxito maior que o do pasado 2018.

Nas intervencións non faltaron referencias á "involución" e ao "perigo" que para as conquistas feministas, aseguran, "estan a supoñer os posicionamentos dos partidos de dereita, PP e Ciudadanos, condicionados pola formación de ultradereita que é a que lles está a marcar unha folla de ruta retrógrada e machista".

"PP e Ciudadanos non entenderon en que consiste a igualdade real entre mulleres e homes e non dudan en vendernos, someténdose as esixencias do machismo organizado politicamente en Vox", dixeron durante esta concentración.

Tamen houbo críticas aos grupos politicos que impediron a aprobación do orzamento presentado polo goberno de Pedro Sánchez "profundamente social, e sen dúbida o máis feminista da historia con medidas reais para erradicar a desigualdade e transformar a realidade", afirmaron.

Ao acto asistiu tamen o candidato á alcaldia polo PSOE, Tino Fernández.