O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, afirmaron este viernes que as Ruínas de San Domingos abrirán ao público o vindeiro mes de xullo e destacaron a "alta valoración" que cidadáns e colectivos lle fixeron chegar á institución provincial da obra de reparación, restauración e consolidación das ruínas que ultima a empresa Stradia Infraestruturas, adxudicataria por 157.000 euros do traballo.
Louzán destacou que a dirección de obra propuxo á Deputación realizar unha serie de traballos a maiores centradas no rosetón, nos xardíns e nas cubertas do edificio patrimonial.
O departamento de Arquitectura da Deputación considera que o rosetón, que é un elemento engadido ao edificio orixinal, debe fixarse pois é un elemento descompensado con grave risco de caída, algo que non podía nin verse nin valorarse antes da intervención actual.
Nas cubertas e baixantes, según a proposta realizada á Deputación hai unha falla de funcionalidade das cubertas por agretamento e deterioro xeral das pranchas de chumbo e unha falla de conexión entre as canles de desaugue. Según o informe, "estas deficiencias manteñen unha relación directa na degradación tanto dos restos de pintura mural como do soporte pétreo coa conseguinte perda de volumes decorativos".
PROXECTO MUSEOGRÁFICO E PLAN DIRECTOR
Finalmente, a proposta establece que os espazos axardinados na parte exterior do monumento provocan ascenso de auga por capilaridade cun alto contido de sales ao que se lle suma un alto aporte de contido orgánico, como excrementos de animais, etc. Estas circunstancias supoñen unha aceleración da degradación do soporte pétreo en forma de tincións, desprazamentos e meteorizacións severas.
A dirección de obra que, segundo Louzán, ven realizando magníficos traballos de restauración e rehabilitación en distintas dependencias e edificios da Deputación Provincial, indica tamén que, a medio prazo, conviría para as Ruínas de San Domingos un proxecto museográfico, en vista da incoherencia que actualmente hai nos elementos expostos no interior do edificio e a redacción dun Plan Director.
Este Plan Director debe elaborar un estudio histórico-artístico do edificio, realizar un novo plan de drenaxes e de análise físico-químico para conocer e tratar as pinturas muráis e o soporte pétreo e realizar unha completa intervención arqueolóxica.
Según o mencionado departamento, a intervención arqueolóxica debe achegar novas aportacións ao coñecemento das ruínas, sobre todo tendo en conta que durante a realización do actual proxecto de consolidación apareceron no subsolo da igrexa restos de ósos humanos, pertencentes posiblemente a algún tipo de enterramentos no século XVIII.