Máis de 215.000 euros destinará o Concello de Marín a unha actuación que permitirá renovar a pavimentación de todos os viais da Barriada Virxe do Carme.
Será unha obra que se financiará con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
A urbanización Virxe do Carme ten a súa orixe na antiga barriada de suboficiais da armada, construída sobre os anos 50 do século XX e coa finalidade de proporcionar aloxamento ás familias dos suboficiais.
Está situada en pleno centro urbano de Marín, na marxe dereita da estrada autonómica PO-313 entre Marín e Moaña, na rúa Jaime Janer.
No 2008, a propiedade de parte dos viarios da urbanización Virxe do Carme foi transmitida polo Instituto para la Vivienda de las Fuerzas Armadas (INVIFAS), actualmente Instituto de Vivienda, Infraestructura y Equipamiento de la Defensa (INVIED) ao Concello de Marín.
Na actualidade, debido á súa antigüidade, estas rúas presentan defectos no estado dos seus pavimentos de calzada, polo que resulta necesaria a súa renovación.
A renovación dos pavimentos de calzada busca ofrecer unha mellor mobilidade, humanizando o espazo público, permitindo tanto a circulación de peóns como de vehículos dunha forma máis cómoda e segura, mantendo espazo ordenado para o estacionamento.
Así mesmo, o proxecto favorecerá a mobilidade sustentable fomentando os desprazamentos a pé aínda que se conserva o paso e estacionamento de vehículos.
Parte dos viarios pertencen todavía ao INVIED, polo que unicamente se contemplan actuacións nos viarios de titularidade municipal, que na actualidade dispoñen de pavimento de aglomerado asfáltico nas súas calzadas. A superficie de actuación é de 8.294 metros cadrados.
Ademais da renovación do pavimento también se reporá a sinalización horizontal, que coincidirá coa existente na actualidade, mantendo os mesmos sentidos de tráfico, as mesmas zonas de estacionamento ou os pasos de peóns.