As Rías Baixas ofertan dous cruceiros costeiros para atraer turistas

Pontevedra
09 de abril 2016

Estes novos cruceiros costeiros apostan pola desestacionalización do turismo nas rías e a posta en valor do patrimonio marítimo, cultural e gastronómico que posuen

Vista dende a popa dun barco
Vista dende a popa dun barco / Juan Mejuto

A nova sede da Autoridade Portuaria foi o escenario escollido en Vilagarcía para a presentación dos cruceiros costeiros que comezarán a partir do próximo día 15 ca viaxe inaugural dende o porto de Vigo.

Estes cruceiros ofertan dúas modalidades. A primeira é "Tesoros de las Rías de Galicia", que inclúe tres días de navegación, e o "Crucero Islas Atlánticas y villas marineras", que ofrece rutas de dous días polas rías, de xeito individual ou un paquete completo das tres rías.

O representante da Asociación Galega de Actividades Nauticas (AGAN), Jose Manuel Fernández, presentou os novos cruceiros costeiros remarcando coma obxectivo último da iniciativa "atraer a turistas internacionales fuera de temporada de verano a conocer nuestro patrimonio natural, cultural y gastronómico desde el mar, como ocurre en los Fiordos Noruegos o en el Douro".

A continuación, o presidente de Marinas de Galicia e de Marina Vilagarcía, José Manuel Teijido, falou sobre os beneficios que estes cruceiros levarán a Vilagarcía, facendo especial mención a que o porto arousán é fin de traxecto dun dos cruceiros, o que permitirá que "muchos de los cruceristas puedan decidir quedarse y pernoctar en la villa con los beneficios para los hoteles, hosteleros, comerciantes…"

Para rematar, a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Porto, sinalou na súa intervención como os cruceiros costeiros de Galicia abren "un nuevo campo de actividad para este puerto del que la ciudad y su sector terciario pueden también beneficiarse".