As Rías Baixas nunha "caixa-regalo": novedosa iniciativa turística

Pontevedra
27 de setembro 2012

Turismo Rías Baixas organiza unha novedosa iniciativa de comercialización con touroperadores nacionais e internacionais e 31 empresas do sector turístico de Pontevedra

Turismo Rías Baixas organizou no Parador de Pontevedra, unha novedosa iniciativa para xenerar produto turístico e para comercializar este destiño.

Tratase dunhas sesións de traballo entre os responsables de contratación das máis relevantes empresas nacionais e internacionais de caixas-regalo e 31 empresarios do sector turístico provincial que contan con Diploma de Calidade Turística en destiños.

As sesións reunirán a responsables de contratación das empresas Smartbox, La vida es bella, Kaleidoscopio, Dakota Box, Wonderbox, entre outras, con empresarios turísticos de Deza, Pontevedra, Arousa, Vigo, O Morrazo e Val Miñor.

A iniciativa supón un novo, exitoso e crecente xeito de comercialización turística.

Os establecementos turísticos de Pontevedra poderán entrar no mercado das caixas-regalo no que, ata o de agora, non figuraban.

Este novo xeito de comercialización consiste en que un particular, unha entidade, unha empresa ou un potencial turista adquire unha caixa-regalo (do sector de Bodegas, Cociña creativa, Aventura, termalismo, escapada rústica, turismo cultural, de ocio, etc.) que inclúe o destino turístico Rías Baixas. En virtude deso, alóxase nun establecemento hoteleiro pontevedrés e a empresa-touroperador da caixa-regalo obtén, pola iniciativa, unha porcentaxe da estancia.

O mercado das caixas-regalo (algo habitual como regalo de empresa, agasallo de amigos, bodas, etc.) atópase nun momento de auxe en todo o mundo que, sólo en Europa, xenerou o ano pasado un volumen de negocio de 700 millóns de euros.