A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e por representantes do sector turístico, deron a coñecer na sede da SGAE, en Madrid, e ante un numeroso grupo de xornalistas e operadores turísticos nacionais, a campaña promocional do destino Rías Baixas para este ano 2017.
Carmela Silva resumiu os principais eixos de promoción da provincia de Pontevedra, encadrada baixo o lema "Rías Baixas, moito por descubrir. Por moitas razóns": os Festivais Rías Baixas, os seis camiños que discorren pola provincia de Pontevedra cara Compostela, a excelencia turística e o enoturismo, da man de Cambados, nomeada este ano Cidade Europea do Viño.
A presentación do destino estivo vertebrada arredor dos propios eixos promocionais
A presentación do destino Rías Baixas en Madrid contou cunha cámara 360 grados que gravou todo o que estaba acontecendo na sede da SGAE.
Ademais, as persoas asistentes tamén tiveron á súa disposición gafas de realidade virtual coa finalidade de que puidesen coñecer en tres dimensións os principais recursos turísticos da provincia de Pontevedra.